Bases legais do sorteo

Organización

“Lumecú” organiza o sorteo asociado á landing da recuperación do liño https://lumecu.gal/remonto

Participantes

Poderá participar calquera persoa residente en España que encha o formulario (https://lumecu.gal/remonto) e nos siga en redes.

Como participar

É moi sinxelo, só hai que entrar na we bhttps://lumecu.gal/remonto e respostar ás preguntas formuladas deixando os datos de contacto.

Prazo de validez do sorteo

O sorteo estará activo ata o 31 de xaneiro de 2023.

Data de publicación das persoas ganadoras

A persoa gañadora será seleccionada a través da ferramenta Sortea2 e anunciarase na conta de Instagram @lumecu_

Premio

  • Un parte de calcetíns para cada persoa que participe.
  • Unha «renovación/reconversión» gratuíta da peza de roupa de liño que nos envíe a persoa ganadora.

Entrega do premio

A entrega do premio realizarase a través de correo postal, unha vez seleccionada a persoa gañadora poñerémonos en contacto coa mesma para xestionar o envío.

Cláusulas específicas

Aceptación das bases.

A participación no sorteo supón a aceptación expresa do participante das bases do sorteo, así como do clausulado. O incumprimento de calquera destas bases por parte do participante, determinará a súa descalificación.

Protección de Datos

Os datos dos participantes trataranse conforme ás disposicións do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das personas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais. A indicación dos datos persoais do ganador terá carácter obrigatorio para a xestión do premio.

Funcionamento do concurso

Lumecú resérvase o dereito a modificar algunha cláusula ou condicións do sorteo, sempre e cando se deba a un funcionamento incorrecto do mesmo e que o obxectivo sexa correxilo. Facebook e Instagram non patrocinan, nin avalan, nin administran, nin están asociados de forma algunha con este sorteo.

Produtos

Carrito de la compra

0
image/svg+xml

No products in the cart.

Seguir comprando