Artesanía Galega

Dende que era pequena gustábame ver fotografías e escoitar historias dos meus antepasados.

Alegrábame ir a casa dos meus bisavós e rebuscar nas arcas onde atopaba pezas fermosas, como mantos ou liño tecido que eles gardaron como o seu maior tesouro.

Fun criada na aldea, nun pequeno pobo de Celanova. Soamente marchei para estudar, pero nunca me afastei. Decidín formar Lumecú no rural porque é o lugar que me inspira, onde creo, e onde nace o meu sentimento.
A día de hoxe traballo desde o taller, onde podo ver crecer o meu fillo o mesmo tempo que desenvolvo unha maneira de vivir. 

No meu día a día creo, fago probas, deseño, realizo pedidos, busco pezas tradicionais. Desenvolbo un pouco todas as partes da creación dentro dun orden.

O meu soño sería non ter que marchar do rural, e poder chegar a combinar unhas creacións totalmente orgánicas.

Un medo, que a costume por valorar o que facemos se perda.

Mulleres con Ás é un homenaxe a todas esas mulleres loitadoras, valentes e soñadoras. As mulleres de Galicia temos un pasado que nos fai ser diferentes e por iso toca facer futuro.

Mercedes Veites

creadora de lumecú

Lumecú recrea a cultura popular para darlle unha nova vida na rúa actual. Recobra os dereitos da muller dado que para esta marca é a peza que move o sentimento de crear.

Carrito de la compra

0
image/svg+xml

No products in the cart.

Seguir comprando